viernes, 18 de enero de 2008

QUE NOS DIRÁ A BOLA MÁXICA ? : ENFRENTAMENTOS 11 ª XORNADA .







A BOLA MÁXICA DINOS ......... QUE PODE SER ESTA A XORNADA ......... NA QUE ........

O CINANIA IMPROJAR ..... ACADE ESA VICTORIA PSICOLÓXICA QUE NOS ANIME

...... está toda a segunda Nacional expectante de nós .....cando O cinania deixará para sempre o seu número favorito ?? , é decir , o cero ? ..... sí , sí meus amigos , temos que tomalo así para

tomar as cousas con filosofía ....... todos saben das nosas carencias e creo que nos entenden , pero macho , unha victoria polo menos é unha victoria e temos que ir a por ela .......

Dende aquí animo a todos para que sigades con ilusión nesta dura categoría sabendo a gran desventaxa que temos ....e sobre todo ánimo ó "capi" do equipo que o vive todo ó máximo ....
A ver se somos o comentario da xornada nas duchas da segunda nacional ..... sí,sí sí a victoria xa está aquí .......

Comentando un pouco as batallas desta xornada : en 3ª galega o Asubío xoga contra un Mercantil, cun obectivo , ó meu entender , de fomentala canteira ....... Frigoríficos viaxa a Monforte para ver se sorprende a un forte Ceibe,Darío debería ahí demostrar o seu estado de forma ..... O Cuarteirón viaxa a Ourense para plantar cara a un líder moi sólido onde veteranía e
xuventude están ben misturadas ..... os Merengues xogan o domingo o derby ESTELAR I
ESTRATOSFÉRICO co Cuarteirón onde un "cambiado" Paco Bacelar ( agora xa fai saques lateráis ) e un Cholu en progresión de saques " putas " esperan o choque cunha rabia contida pola derrota da 1ª volta ......David Paz en forma , Lisardo cos picos afilados , Lao coa segadora de "cortar" a todo meter e un Mou co topspin preparado están expectantes ante a avalancha merengue que se espera .........

En segunda galega os Amador´s boys reciben a un Montebalsa irregular ........ espérase un partido moi competido ..... Os Mucha´s boys viaxan a Monteporreiro para seguir escalando postos e así axudar de paso ó clínica dental Amador para que non puntúe un rival pola permanencia ......

En 2ª Nacional esperamos o primer triunfo dos Improjar´s killers ante un respetable Órdenes .

AQUÍ TEDES, SE DEUS O PERMITE , OS ENFRENTAMENTOS DESTA 11 ª XORNADA de

forma esquemática .


Sorte para todos e que sobre todo impere a deportividade i educación nos locáis de xogo


By Impeccable Courtesy of Sito


Sábado 19 / 01 / 2008

NO IES Mª SOLIÑO

17,00 Cinania Bar Asubío - Mercantil de Vigo ( 3ª Galega )

17,00 Cinania - Clínica Dental Amador - Montebalsa ( Galega )

Fóra de casa :

17,00 Galmédica Ourense T.M. - Cinania O Cuarteirón ( 3ª Galega )

17,00 C,T.M. Ceibe - Cinania –Frigoríficos do Morrazo ( 3ª Galega )

17,00 A.C. Órdenes - Cinania Improjar ( 2ª NACIONAL )

Domingo 20 / 01 / 2008 :

NO IES Mª Soliño :

11,00 Cinania O Cuarteirón - Merengues do Morrazo ( 3ª Galega )

Fóra de casa :

11,00 Monteporreiro Dibay - Cinania - A Tenda de Mucha ( Galega )

SAÚDOS ,

P.D. Cuidado !!!!!! que din que hai moita gripe por ahí ......
como decía super ratón : " No olviden "mineralisarse " ni vitaminarse...... "

No hay comentarios: