domingo, 20 de enero de 2008

Domingo "Merengue" e resultados 11ª xorrnada






















GOOD DAY EVERYBODY . PRIMEIRO AQUÍ TEDES OS RESULTADOS DESTA 11 ª XORNADA NA QUE TIVEMOS MÁIS PENA QUE GLORIA ................


Sábado 19 / 01 / 2008

NO IES Mª SOLIÑO

17,00 Cinania Bar Asubío 4 - Mercantil de Vigo 0 ( 3ª Galega )

17,00 Cinania - Clínica Dental Amador 1 - Montebalsa 4 ( 2ª Galega )

Fóra de casa :

17,00 Galmédica Ourense T.M. 4 - Cinania O Cuarteirón 1 ( 3ª Galega )

17,00 C.T.M. Ceibe 4 - Cinania –Frigoríficos do Morrazo 1 ( 3ª Galega )

17,00 A.C. Órdenes 4 - Cinania Improjar 2 ( 2ª NACIONAL )

Domingo 20 / 01 / 2008 :

NO IES Mª Soliño :

11,00 Cinania O Cuarteirón 2 - Merengues do Morrazo 4 ( 3ª Galega )

Fóra de casa :

11,00 Monteporreiro Dibay 2 - Cinania - A Tenda de Mucha 4 ( 2ª Galega)

Empecemos por orden o noso via crucis nesta pobre xornada onde "only " tivemos 2, sí, sí ,

oistes ben , 2 victorias , un momento que vou chorar ................................................................................................... ( buaaaaaa, buaaaaaaaaaa,buaaaaaaaa) .

Vale ! ..........estou aquí de volta con todos vos .......xa collín o " klinex" e podemos continuar ........(.snif, snif,.... )

Cinania Bar Asubío 4- Mercantil 0

Jerry xoga con Juan Lois e vence 3-1 utilizando ben a estratexia nos momentos decisivos ; entrou algo frío ó principio pero pronto soubo ler o partido e coller a concentración necesaria .

Javi Coya xoga co rapaz Juan Pablo Lois e resolve con tranquilidade o choque ( 3-0 ) . Mira que non lle gusta nada este tipo de partidas e séguelle tocando rapaces cando toca un equipo de formación como é o Mercantil este ano , ( mira ! fai unha quiniela e vamos a medias ( jajajajajajaaja... ) ) .

Sito xoga contra Enrique Alonso e vence 3-1 ; usando máis a estratexia que o bo xogo , ás veces
hai partidas que saen así .....

O doble Javi Coya / Sito 3 - Enrique Alonso / J. Pablo Lois 0 . O rapaz entraba con valentía sempre , non se arrugaba ; Enrique xogaba con máis control pero no os locatarios sempre foron por diante e os foráneos non daban a sensación de collernos no marcador , ...........

Cinania - Clínica Dental Amador 1 - Montebalsa 4

Como se xogou o partido de 3ª ó mesmo tempo non vin tódalas partidas ..... comento o que podo .... sorry .... Álex perde a súa primeira partida 3-1 , Óscar tamén non pode co seu rival e Magdaleno por pouco gaña a T.Carvajal ( 2-3 ) . Foi unha pena pois esta victoria era clave para
o tramo final ........

O dobles Óscar/ Álex vence con clase 3-1 a Carvajal e ó seu compañeiro .....

A partida final Enrique Barreiro 3- Álex 0 . Aínda que parece unha victoria aplastante , os sets foron moi axustados os dous que recordo foron os 2 últimos ( 11-8 e 11-9 ) e onde se viron tantos moi vistosos , Enrique co seu corte rasurado tipo máquinilla de afeitar "Gillete" ou " Wilkinson " e Álex atacando de topspin ós picos .....

Galmédica Ourense T.M. 4 - Cinania O Cuarteirón 1 ( 3ª Galega )

O líder é forte en casa e os nosos " yogurines " pelexaron ata onde poideron . Non hai máis información , pois como é natural non temos corresponsáis de prensa fóra de casa .Hoxe en día Carlos e compañía están a bastantes topspins de distancia do noso equipo de formación , esperemos que saquen lectura positiva ...........


C.T.M. Ceibe 4 - Cinania –Frigoríficos do Morrazo 1 .

Esperabamos algo máis do Frigoríficos aínda que xogaba cun galo da categoría . Darío fixo o punto sí, pero ante o número 1 deles perde 3-2 despois dun 2-0 . Dari , macho , sé agresivo ....... se non , cambia á estratexia all round ( refírome ó tipo de pala ) . Xa o sabes e segues ás andadas ........( O Míster vaise cabrear contigo ) .


A.C. Órdenes 4 - Cinania Improjar 2 .

A bola máxica do post anterior debía estar trucada ou era do " todoacién " porque
seguimos onde estamos na casilla de inicio ; como no Parchís . Falta un toque de sorte para que
poidamos arrancar a primeira victoria , pois aínda que o descenso é evidente , penso que o orgullo non o debemos perder ....... psicolóxicamente temos que ir en positivo e intentar
mellorar o que se poida ..........


Cinania O Cuarteirón 2 - Merengues do Morrazo 4

Partido de tensión , un derby moi igualado .

David Paz 3- Paco Bacelar 2 .

Partido con sets moi axustados ( 11-8 ; 11-9 ) onde puido gañar calquera dos dous : Paco mellora no seu xogo pero lle falta rematala faena . David co seu xogo agresivo e bloqueando ó " cervexa 5 estrelas " gaña de suspiro ...........

Lisardo Costas 0 - David Pazó 3 .

David vence cun gran xogo i entrando forte ós picos , ..... Lisardo anda en horas baixas e algo fallón pero isto non desmerece a súa victoria ............


Manuel González 3 - Antonio Costas ( CHOLU ) 1 . Partido de poder a poder . Manu remonta o set inicial de Cholu entrando valiente como é o seu estilo . ......Cholu falla algunhas bolas claras
e saques fruto do nerviosismo pero saca petróleo coa xogada saque largo e planazo ......Parecía que íamos ó 3-2 pero Cholu falla ós últimos 2 puntos sobre todo o último saque foi un regalo e rematou o set 9 - 11 ...........

Dobles : Lao/ David Paz 0 - Cholu / david Pazó 3 . Partido no que houbo igualdade en 2 sets ( o primeiro foi a "deuce " ) pero os foráneos estiveron máis acertados nos momentos clave .... Os 2 David son os que arriscaban máis i entraban sen arrugarse , ..........


David Paz 0 - DAvid Pazó 3 . David foi unha das claves do éxito merengue hoxe . Xogou con estratexia i entrando valiente ,......... David Paz xogou ben a ratos e iso condenouno , .......
tivo algún erro de colocación ante algúns saques de David por iso esperamos que reflexione para próximos encontros e que lle sirva para algo a derrota . David Pazó non lle deu respiro tampouco e sempre deu a sensación de que se podía escapar no marcador ; como así foi .........
o último set parecía moi perdido cun 8-2 abaixo pero animado pola " grada " loitou e chegouse a 11-8 ; esa irregularidade e os acertos de D. Pazó entrando a morir foron a clave ....

Por certo , un cachondo Paco bacelar animaba dende a grada co seu novo ánimo para os do seu equipo ; ante os tantos de David Paco gritaba " ...ísimo , ísimo ,.... " en vez de " buenísimo " .... , que risas ! : Despois Jerry en plan jodón facía o mesmo cando David Paz empezaba a remontar ,.......


Manuel González 0 - Paco Bacelar 3 . Paco xogando serio vence a un Mou que xoga moi irregular con tantos moi , moi bos e ben traballados pero hai tantos que perde por precipitación , arriscando cando non debe.... Paco non xoga tampouco moi moi defensivo como é costume nel e ataca bolas claras ; ó contrario de Manuel que NON ELIXE AS OPRTUNIDADES ,...... Manu desespérase ante as bolas que van fóra , Paco moi seguro non cambia de estratexia e arrisca cando está moi claro levándose o partido con claridade .............


Monteporreiro Dibay 2 - Cinania - A Tenda de Mucha 4

Partido de gran xogo por parte nosa . Este equipo responde e sabe xogar ben ,..... tiña unha espiña clavada ; pois na primera volta perdimos por falta de entreno e agora era o momento de demostrar quen é quen e así o fixemos , ................



Bueno , xa acabei co paquete de "klinex" ..... ( snif, snif, ..........) . A ver se febreiro sonríenos máis . O 26 e 27 deste mes é o estatal en Valladolid e as ligas páranse ata o 2 -2 2008 , ....tempo para entrenar e reflexionar amigos ,..............

Sorte dende aquí para os galegos que van defender o noso orgullo , ante os killers doutras rexións ....ese día teredes o sangue " blaqui- azul " da nosa bandeira ( oé,oé,oé,.......... oeeeeeeeeeeeeeé ).

saúdos cordiáis para todos ,




By Impeccable Courtesy of Sito








No hay comentarios: