















GOOD DAY EVERYBODY . PRIMEIRO OS RESULTADOS :
Sábado 12 / 01 / 2008
EN 3 ª GALEGA : IES Mª SOLIÑO
17,00 Merengues do Morrazo 1 - C.R.C. Redondela 4
17,00 Cinania - Frigoríficos do Morrazo - Club Tenis de Mesa Mecos
PARTIDO APLAZADO
EN 2ª NACIONAL :
19,00 CINANIA IMPROJAR 0 - R.C. Náutico de Vigo 4
Domingo 13 / 01 / 2008 :
EN 3 ª GALEGA : Ies Mª Soliño
11,00 Cinania O Cuarteirón 0 - Cinania Bar Asubío 4
11,00 Cinania - A Tenda de Mucha 4 - Cinania - Clínica Dental Amador 2
Merengues do Morrazo 1 - Redondela 4 .
Seguen sen demostrar que o último posto non é para eles pero se continúan así é difícil que non saian do túnel . Paco Bacelar xoga un gran partido contra Óscar Villaverde - a panteira depredadora deste equipo - pero perde ... deixando un bo sabor de boca ; se xogara así cos outros riváis a Peña Madridista seguro que estaría máis arriba na clasificación ....... polo tanto demostran que teñen un problemiña de mentalidade : se xogan contra un rival bo crécense pero se xogan contra un do seu nivel ou inferior , confíanse e xogan mal .....
Este é un mal que lle pasa a moita xente sí , pero á Peña é algo crónico é iso , iso , meus colegas da peña , é o que vos pasa , que repetides os erros unha e outra vez , e non será polos comentarios en positivo que recibides por parte nosa para que vos animedes .....
Antonio Costas - alias el Cholu - perde sendo igual ou superior ó rival pero , como é unha tónica esta tempada , nos momentos clave perde os nervios .......
David Pazó gaña a súa partida sendo superior , atacando como é costume nel e sen arrugarse ... deixando paso a uns dobles decisivos para o tramo final ...
Perden o dobles e claro , a partida decisiva é a panteira redondelana contra Antonio Costas - Cholu - e como xa sabedes as panteiras non deixan para mañán o que poden comer hoxe ( jajajajajaja .... ) ; así que ó Cholu devoráronno ben e así rematou un partido que podería estar moitísimo máis reñido se nas partidas clave demostrasen o seu nivel .....
Seguindo a orde do cadro de resultados , O Frigoríficos non xogou co Mecos por motivos de desprazamento dos foráneos , nos , sendo comprensivos , decidimos de mútuo acordo aplazar o evento ........
Guerra no sentido de que intuíanse cambios importantes no sorteo . Quen iría de 2 , de 1 etc .
Ó final , O cinania non esperaba ese cambio tamén na disrtibución do sorteo xa que o Náutico
cun Antonio Gregorio penso , que mascándose un cambio na estratexia por parte do Cinania , seguro que tamén fixo a xogada para desbaratar a estratexia local ; e así foi ...
o camiño quedaba despexado ........ e o Náutico aproveitouno á perfección ........
Dende aquí ánimo , e sempre , se perdedes , con orgullo e loitando ata a última bola porque houbo partidos no que a apatía notábase ...... sé que é difícil xogar nas circunstancias e coas limitacións que temos pero iso , xa o sabiamos todos , así que ánimo e o ano que ven xa
veremos ......
Cinania O Cuarteirón 0 - Cinania Bar Asubío 4 .
Primeiro derby da xornada .Os Lisardo e Lao boys deron menos rendemento esta xornada.
Javi Coya 3 - Manu 0 .
Mou xa estaba derrotado psicolóxicamente antes de xogar co seu " pai deportivo " . Mou non demostrou nada do que sabe facer e Coya sen poñer todo o seu potencial nin ó 20 % gaña so cun pouco de posición na mesa ....... No último set , Mou parecía entrar en partido entrando co seu bo topspin pero xa se vía que ía perder porque nunca creeu que podía remontar o 2-0 ; se o viras sacar , collía a bola coa cabeza abaixo e cunha cara .........de derrotado .....temos que ensinarlle entre todos a competir ata o final é saber que se pode remontar ou polo menos dar máis guerra .....
Sito 3 - David Paz 2 .
Foi o partido máis competido . David , entrando a morir, mete ben os seus
zurriagazos e lévase o primeiro set por un apretado 11-13 . Sito non loqueou pero tampouco entrou agresivo sobre todo ó principio do set cando David collía ventaxa . No segundo mirando a película doutra forma e cambiando a estratexia vence por un apretado 11-9.No terceiro , David desínflase algo e perde por un claro 11-6 . No Cuarto David apreta, Sito arrisca cando non debe e devólvelle a pelota cun outro 6-11 , No 5º set David entra confiado e atacando un pouco ó loco e ponse 5-1 abaixo despois do tempo morto Sito empeza atacar collendo máis ventaxa e David ten que arriscar máis para remontar pero nalgúns intentos mete bolas fóra ou na rede facendo que a distacia agrande ......
E así termina un partido moi disputado e tenso no que David demostra unha vez máis que segue a progesar i é un futuro valor da nosa canteira, ten ilusión,entrena , disfruta
coas pachangas - aínda que nos entrenos serios abúrrese un pouco ..... é un neno .....-
Jerry 3 - Lao 0 .
Partido no que o "presi" sacou todo o arsenal estratéxico para vencer a un gran Lao , que co seu xogo de "corte " ( e confección , jajajajaja.... ) puso a Jerry contra as cordas cuns sets moi , moi axustados . Jerry é que tamén soubo esperar o seu momento pero Lao co seu xogo uniforme ( quero decir sen moita variación e repetitivo ) ía desgastando o Asubío Killer ; pero ó final , JERRY SABÍA AS SÚAS ARMAS e usounas no momento perfecto .....
Dobles : Coya / Sito 3 - Manu / Lisardo 0 .
Seguindo coa apatía , Mou , entra lento nalgunhas recepcións i en bolas cortadas falla claro, pero non cambia de estratexia e séguelle dando puntos ós riváis . Lisardo, sen xogar toda a tarde , entra moi frío no partido e tampouco demostra os entrenos que fixo ó longo da semana .... con esta película Coya e o seu camarada síntense moi a gusto e xogan sabendo onde máis lles doe ....
Ó final , cúmplese o pronóstico , repoñéndose o Asubío da primeira xornada de liga na que a piques estiveron de perder por 4-3 . Alí , sí, nese partido mereceron gañar eles e todos o sabemos; xogaron moi ben é nos fatal , pero agora amigo nos tamén vamos cara arriba cada vez máis cun Jerry moito máis seguro un Coya que se ve máis en forma e cun AS na manga ; super-
estratosférico Magda ........
Cinania A Tenda de Mucha 4 - Cinania Clínica dental Amador 2
Primeiro decir que para os foráneos excépticos que pensaban que iamos amañar o partido decirvos , que non nos coñecedes , que nos sempre somos legáis e que os partidos xóganse na mesa ; non facendo apaños tomando unha Carlsberg para perxudicar a equipos que están para non descender ....... A VER SE TODO O MUNDO TOMA NOTA DO DETALLE ....
Sí é certo que o Cinania A tenda de Mucha non xogou con todo o seu potencial - máis mérito
aínda así gañaron - e o Clínica dental tampouco , faltando Óscar ou o mesmo Coya ..........
Así que espero que se sepa valorar por parte dos equipos riváis a personalidade e saber estar deste clube ......
Lolo 0 - Amador 3 .
Amador vence cuns sets axustados , en especial o segundo tras remontar un 9-4 . Lolo , moi nervioso, cede por precipitación i este claro 1-1 pasa a ser un 2-0 para Amador i esto foi unha losa psicolóxica para Lolo da cal non se recuperou .......Amador segue loitando como é habitual nel e levantar ese set deulle máis moral ......Lolo non xoga mal pero falla algún saque para despegarse do rival e non demostra o seu potencial e Amador vese máis seguro ó ir arriba no marcador entrando a morir i entrándolle practicamente todo, todo .....
Darío 3 - Juan Lago 1 .
Gran partido de Darío que co seu topspin de clase deixounos tantos de aplaudir ; é un ofensivo , puro, puro este chaval é nótanse os entrenos e a ilusión e afición que ten ...... felicidades segue así !!!!!!...... Juan xogou con altibaixos; o set que gaña faino con gran claridade ; pero despois anda
lento e o topspin non lle entra .....e desmoralízase ......
Julio 1 - Alex 3 .
Partido moi competido cun Alex entrando sen arrugarse ; Julio fallou tamén bolas claras i el o sabe ben , algunhas de revés nas que non debía arriscar ......tamén houbo momentos nos que foi valente e atacou moi ben a Alex ......Aínda así marcadores axustados dada igualdade do choque .
Julio cambiou algo de estratexia ó final pero Alex xa collera algo de ventaxa e aguantou o tirón...
Dobles : Lolo/Julio 3 - Amador / Óscar 0 .
Lolo e Julio vencen xogando moi ben . Amador e Óscar non colleron o ritmo imposto polos Mucha´s boys ..... os Mucha´s sabían da importancia do doble porque ir ó 4-3 implicaba que o teórico número 1 ( Álex ) xogaría cun valente Darío , que hoxe por hoxe é inferior a o Amador KILLER ....... por que Álex xogou de 3 ? iso é a incógnita que hai que despexar ......eu non o entendo ....de momento.....
LOLO 3 - Juan Lago 0 .
Partido sen historia , Lolo non fallou e demostrou a súa superioridade ante un Juan Lago inferior
Julio 3 - Amador 0 .
Amador sabendo que tiña que gañar xogou moi tenso e con precipitación , iso aproveitouno moi ben Julio , quen entrou con moita agresividade e atacando a morir . Amador puido forzar o 5º set gañando 10 -8 pero os nervios xogaron unha mala pasada fallando o saque en varias ocasións e como non , no terceiro desempate saca e manda a bola fóra .......
Partido , pois , antisuspicacias xogado con moita competitividade e no que o nivel está moi parello ........
Saúdos to everyone ,
By Majestic Courtesy of Sito
Nota sobre as fotos :
Non funcionaban ben as pilas e non puiden facer fotos ós Merengues , Redondela , Cuarteirón e Asubío . O partido de segunda Nacional , a parte da falta de luz , ten polo menos dúas fotos do dobles , que son as dúas que aparecen ó principio da crónica ...... síntoo pero as pilas déixante tirado cando menos o pensas ....
e iso que levaba 3 pares !!!! pero vese que xa estaban viciadas ......
chao..................uatAAAAAAAAAAAAAAAAAÁ !!!
2 comentarios:
A verdade e que oscar é como unha panteira se cometes o minimo erro cómeche, deixovos o enlace da noxa web pa que nos digades que vos parece.
http://tmredondela.tk
Os dejé un comentario en vuestra página ........
Saludos ,
By Impeccable Courtesy of Sito
Publicar un comentario