














ESTE SÁBADO 26 DE XANEIRO ADIANTAMOS OS PARTIDOS CO NÁUTICO DE VIGO ( 3ª GALEGA ) DO DOMINGO 3 DE DECEMBRO ; POIS O SÁBADO DE CARNAVAL É UN DÍA ESTELAR PARA ........................ XA SABEDES TODOS ........ , SÍ , ISO QUE ESTADES PENSANDO .....
Comentando o título da crónica , os disparos empezaron a escoitarse sobre as 11 . 15 da mañán e duraron aproximadamente uns 2 minutos contando sí os intervalos de silencio . A xente na calle corría despavorida ......
O máis grave non foi iso , non , ........ uns disparos tremendamente máis fortes - parecían agora con recortada - apareceron sobre as 13 horas da tarde e non parecían ter fin ........ sobre 5 minutos en total ......
A piques estiveron de chamar á guardia civil e á policía nacional .......... menos mal que alguén do recinto de xogo saíu a chamar por teléfono e ante a histeria colectiva da muchedumbre calmou á xente co seguinte comentario :
" Non señora non , que non son disparos , tranquiliña , que foi Lisardo matando de plano i
Eusebio bloqueando e logo á 1 da tarde Sito en plan pistolero do oeste non parou de entrar de plano i Eusebio na súa salsa bloqueando dende a a porta de saída ,....... "
JAjajajaja ....... como nos reímos ......e así foi,... un gran Eusebio bloqueando dende o máis fondo da mesa ( a 25 kms ) e os seus contrincantes entrando con todo ....... a verdade que foi un partido estratosférico no que o público e os propios xogadores disfrutaron con tantos supervistosos .......nada que ver co pasabola.... un xogo a morir entre defensivo é atacante .......
R.C. Náutico de Vigo " C " 4 - Cinania O Cuarteirón 2
David Paz perde ante Esteban un partido de poder a poder no que xogou irregular ; Esteban estivo máis forte é con moita máis confianza .....
Lisardo da a sorpresa da mañán e vence por un apretado 3-2 ante un Eusebio que sufríu os picos e sobre todo uns " peyos " de rede de Lisardo ( en momentos clave ) que parece que xa veñen de serie cando compras as gomas Neubauer ( jajajajaja ..... ) . Houbo tantos vistosos como os mencionados "disparos" das 11.15 da mañán e os magníficos bloqueos de Eusebio .....
Manu vence ó amigo de Esteban - olvidóuseme o teu nome , sorry ..... - xogando ben i entrando
sen arrugarse ....
O dobles vai cara o lado local na que a parella Eusebio / Esteban foi superior á parella David / Lao .....
Eusebio vence ben ante David Paz . O xogador do Cinania non tivo hoxe o seu día i Eusebio
demostra carácter na mesa ......
Manuel sucumbe tamén ante o bo xogo de Esteban e así finaliza un partido competido no que esta vez os Yogurines do Cinania non estiveron no seu mellor momento de forma e tamén decir que os locais estiveron a gran nivel ..........
R.C. Náutico de Vigo " C " 2 - Cinania Bar Asubío 4
Javi Coya vence ante un Esteban que xogou moi ben ( xa levaba un bo día demostrándoo co Cuarteirón) . Coya é superior pero o seu rival viña crecido e tivo que "emplearse " para que non o collera o touro .............
Sito cede ante un gran xogo de bloqueo estelar de Eusebio con tantos vistosísimos - de ahí os disparos das 13 horas ( jajajaja..... ) porque nos 4 sets da partida houbo en todos ataques a morte ....... i Eusebio cunha seguridade pasmosa devolvía casi que todo a 50 kms da mesa , con decir que case mete bolas desde a piscina ....... ( jajajajaja...... ) . Os sets foron axustadísimos e calquera dos dous puido gañar ...........
Jerry co seu xogo estratéxico vence ó amigo de Esteban demostrando a súa superioridade na mesa ...........
O dobles Jerry / Coya vence ben á parella Esteban / e o seu amigo sendo , dicindo a verdade, superiores en tódolos sets ..............
Coya i Eusebio xogan un partido de alternativas no marcador . Eusebio remonta cunha paciencia de clase . Coya demostra a súa superioridade pero unhas veces por axustar bolas i outras por fallos tontos deixa que Eusebio gañe terreo e nos momentos culminantes a tensión xógalle unha mala pasada i Eusebio vindo a 20 kms de distacia empata o set e termina gañando 9-11 ........
O tenis de mesa é tamén máxico , amigos , e cando crees que non podes co rival é sí , ..................e cando crees que sí podes é que non ..... entendedes agora os que tivestes partidas así ,........
Jerry vence nun parido espectacular a Esteban na que as risas foron protagonistas . Jerry cortando entre xemidos de ultratumba ( aahhh !!!!! uuuuuhhhhh !!!!! ) e nos mirando paro o " reló" da parede porque queriamos coller o barco das 2 e media . O segundo set rematou 18-16 para Jerry i eran as 2 e 20 ....... como perdera ese set xa estabamos mirando que teriamos que coller o das 3 e media ( jajajajaja....... ) . O "arbi" era o amigo de Esteban e escarallábase de risa pasando os tantos para un lado e outro . Esteban xogou moi seguro e meteu a Jerry contra as cordas . Jerry tivo que sacar todo o seu arsenal para derrotar a un gran Esteban que xogou a gran nivel toda a mañán .....
E así rematou unha xornada deportiva moi competida ante un Náutico " C" cos que nos levamos de "........" madre e nos que nos desexamos sorte cunha sana rivalidade como é natural .......
Ata a próxima xornada, saúdos para todos ..................................
BY IMPECCABLE COURTESY OF SITO
No hay comentarios:
Publicar un comentario