
ASUNTO: SOLICITUDE PAVILLÓN DE ROMARIGO DURANTE OS MESES DE VERÁN
En resposta o escrito que presentou o seu clube, onde solicitaba que a Fundación Cangas Deporte lles concedera o oportuno permiso para a utilización do Pavillón Municipal de Deportes de Romarigo, con motivo da realización, durante os meses de verán, de diferentes actividades deportivas relacionadas co Tenis de Mesa, temos a ben en informarlles do seguinte:
§ Conceder provisionalmente a utilización da devandita instalación para:
- XULLO: dispoñer do mesmo horario de adestramentos que disfrutaron durante a tempada 2007/08.
- AGOSTO: de luns a venres en horario de 20.00/22.00 h, a excepción dos Martes que está reservado para uso de particulares.
- SETEMBRO: igual que no mes de Agosto, pero a sua concesión rematará unha vez iniciada a sua actividade os demais clubes que utilizan a instalación.
§ Recalcar o seu compromiso en deixar a instalación en perfectas condicións de uso unha vez rematada a actividade.
Sen outro particular, saúdalle atentamente:
Cangas, a 24 de Xullo do 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario