martes, 18 de diciembre de 2007

Julio Barreiro : Redacción Alternativa










Non podendo asistir ó pavillón , Julio ( o noso gran competidor de 2ª galega,que na foto é o da dereita coa toalla ) , en plan reportero "dicharachero" , fíxome o " favour "
de facer a crónica dos partidos de casa . Así pois , tedes a continuación o que aconteceu o sábado 15 e domingo 16 no pavillón Mª Soliño da fermosa,brilante,agarimosa , estelar , espectacular e botellón-lover vila de Cangas .

"Regards " cordiáis ,

By Majestic Courtesy of Sito .

Julio´s news a continuación :


Clinica Amador Vs Nautico Vigo. Partido de gran tensión entre dous equipos que rondan a parte baixa da clasificación de segunda. Do equipo do Cinania destacar a labor de Alex Martínez que unha vez mais deixa claro que será un dos grandes desta categoría (dereita potente, visión de xogo, e sobre todo capáz de xogar con tensión e manexala). Amador con gran veteranía ganaría as dúas partidas de individuais, mantendo con Santiago Barciela un duelo de titatnes. POr certo, foron varios os cañonazos de dereita que este veternano xogador do Nautico deixou clavado no noso recordo. Oscar Villa xogou ben, pero quizais fallou bolas claras que normalmente devolvería o campo contrario. Partido xusto no restultado, e de xustiza en cuestión de méritos.


POr certo, o partido anterior quedaron 4-3 a favos do Cinania Clínica dental. Cinania A tenda de Mucha Vs Lalín. Partido marcado pola hora de comezo do afrontamento (10:00 horas) e polo frio do pavillón (en pleno Cangas marcaban os termómetros os 0ºC). O primeiro partido enfrentaría ó xogador zurdo do Lalín (non recordo o seu nome) que lle ganaría 3-1 a Tito, base do Cinania. No seguinte partido, duelo de Julios, Julio Silva (Lalín) contra Julio Barreiro (cinania) que gañaría o xoven xogador de Lalín por 3-2.No seguinte encontro Lolo xogou con moita cabeza e ganoulle o envite ó seu rival (do que tampouco sei o nome). En dobles, a parella de Tito e Julio gañaría contra Lalín, o que poñia a partida de novo en un empate no marcador xeral. O seguinte afrontamento, un gran Tito gañaba 3-1 a Julio Silva, nun partido de tantos bonitos e de intercambios de dereitazos, globos e demáis. O punto definitivo o faría Lolo ocntra o xogador zurdo nun gran partido do xogador de Cangas. En definitiva, 4-2 e o Cinania vence por fín, despois da estrea da nova equipación, que parecía que os gafara.



2º partida da xornada para o Cinania Tenda deMucha contra Nautico de Vigo. Partido de gran tensión entre os dosu equipos, e que finalizou sobre as 15:00 horas (sonaban os teléfonos das nais, mozas, e mulleres, desesperadas pola tardanza dos seus comensales). O partido foi interminable, resumindo: Tito gaña a Santiago Barciela cedendo un set. Julio Barreiro perde contra Alberto López 3-1. Lolo gaña a Arabel Moraguez e de novo chegábamos ó dobles co partido en contra. Julio e Tito xogaron contra Santiago Barciela e Alberto López, chegando ó 3-2 a favor do Nautico.DSeguinte partido Santiago Barciela Vs Julio Barreiro. Partido no que destaca a apatía e cansancio do xogador local, que agonicamente chega ó 3-2 final, cedendo ante os dereitazos de Barciela. No seguinte partido Tito gaña a Arabel Moraguez nun claro 3-0. O punto final se xogaría en horario intempestivo e enfrentaría a Lolo contra o mozo Alberto López.

Precioso partido do noso xogador de cangas, que mete no bolsillo o partido facendo grandes méritos. En definitiva, 4-3 no que o cansancio, e a rivalidade marcaron o partido. Esta xornada foi positiva para os equipos de segunda galega, que xa estaban necesitados de victorias. POr certo, votouse en falta a presencia de Mario González, Juan Lago e Román Pérez.

No hay comentarios: