domingo, 25 de noviembre de 2007

3ª Galega : Cinania O Cuarteirón 4 - Helios Cafetería O Adro 1


























Partido moi competido esta mañán de domingo no IES María Soliño . Cos "as " : Rodrigo Feijoó ( A) , Julio Román ( B ) e Dioni Comesaña ( C) . Cos "X" : David Paz ( x ) , Manuel González ( y ) e Lisardo Costas ( z ) .

Suxerencia para os equipos que nos visiten próximamente : Se segue este frío vos aconsello que viñades con tempo para xogar ( para quentar ben ) porque como siga así o tempo pronto chamarán a este local o pavillón da " pulmonía " .

Despois de tanta partida o día anterior ,estabamos todos como en familia so faltaba o can a chimenea e a tazita de café .......

1º.-Rodrigo Feijoó 3 - Manuel G. 0 .-Manu houbo momentos nos que se acercou a 2 puntos de Rodrigo pero nunca deu a sensación que ía remontar . Había tantos nos que parecía ler a partida pero Rodrigo mostrouse sempre superior e Manu non tiña continuidade no seu xogo .Así foi ,Rodrigo xogando con moita máis seguridade nos seus golpes non deixou que Manu pasase do 7 no seu casilleiro .......e a partida durou así moi pouco .Rodrigo foi un máis que xusto vencedor e deu moi poucas opcións ó seu rival .

2º Julio Román 2 - David Paz 3.-Partida competidísima e moi igualada con marcadores parciais apretados excepto o segundo set onde Julio barreu literalmente a David cun 11-4 que prexasiaba a derrota . Pero David foi cara arriba e foise ó 5º set onde houbo bastante tensión . David escapouse pero despois do tempo morto Julio acércase a 2 puntos é o final David entra con decisión e lévase a partida na que os dous competiron moi ben . Ó meu parecer esta partida foi clave para o desenrolo do encontro pois Helios poríase con 2-0 e cheo de moral e así parecía ó principio do partido cando Julio podía con David pero ó final David con máis cabeza e control lle soubo xogar .....

3º Dioni 1 - Lisardo 3 .- Lisardo púxose 2-0 co seu xogo de control i entrando de cando en vez de dereita . Cando parecía claro o 3-0 , Dioni despois dun acertado tempo morto remonta arriscando i entrando a morte gañando 11 -9 . O último set foi o de máis tensión pois a igualdade foi máxima chegando a 12-10 a favor de Lisardo . Lisardo estaba desconectado da partida botando moitas bolas de dereita fáciles por fóra , veíase que estaba nervioso é lonxe de ter confianza por ir por enriba no marcador global entrou nunha dinámica na que Dioni a piques estivo de aproveitarse e levarse así 0 4º set pero ó final 2 bolas cortadas fóra da mesa condenan a un bravo Dioni que cando parecía un claro 3-0 casi remonta ......

4º Dobles : Rodrigo Feijoó e Isaac Castro 0 - Lisardo e David 3 · Parece que foi un partido fácil pero non . Houbo resultados parciáis moi axustados dous 11-9 e ó último 12-10 , que de por sí xa falan por sí sólos ; eso sí a decisión de David de entrar arriscando foi clave aínda que fallase varios tantos por precipitación . Rodrigo fallou algún dereitazo e Isaac xogou ben con moito control ; fan unha parella equilibrada coma a de Lisardo é David no que un é o que arrisca máis i entra ás bolas .

5º Rodrigo Feijoó 0 - David Paz 3 .- Nesta partida Rodrigo non foi aquel da partida primeira con Manuel . Estivo máis fallón do habitual ; puido ser porque David escapábase no marcador e non lle collía o tranquillo ó xogo do seu rival . David xogou ben entrando . Rodrigo foi a remolque e non estivo cómodo en toda a partida poñendose nervioso é iso xogou en beneficio do rapaz do Cinania . Ó final Rodrigo apurou a partida ó maximo pero David tiña máis seguridade co marcador a favor e levouse o partido cuns 2 últimos puntos no que os dous amarraron ó maximo ata que un fallou definitivamente ...............

É así rematou un partido ben competido por ambas partes no que non se ve tanta diferencia nos dous equipos como amosa o marcador . O Cinania foi superior en fases pero o Helios ben puido remontar e poderíase chegar a un hipotético 4-2 ou 4-3 .....

Chao.........................uatAAAAAAAAAAAAAAAÁ


By Courtesy of Sito

No hay comentarios: