










Non se xogou tan mal ante o líder como amosa o resultado ; que va !!! . Houbo pequenos detalles que decantaron a balanza para os ELADIO´S
ALLROUND ( " ol raun " EN GALEGO de andar por casa JA,ja,ja,ja..... ) .
Tito 3- Vicente 2 . Partida moi igualada no que calquera dos dous puido gañar ; xogaron sen arrugarse e arriscando . Tito gañaba os peloteos pero Vicente tamén atacaba e forzaba erros ó seu rival . Os parciais foron axustados 12-10 para Tito en dous sets 11-8 e 11 - 9 para Vicente é o que máis recordo .......
Mario 0 - Eladio 3 .- Mario empezou dándolle moita ventaxa a Eladio fallando moitos sevicios ó principio .Cando empezou cos saques " fénix" empezou a facerlle daño pero xa ía con moita desventaxa ; é moi difícil xogarlle a Eladio sobre todo se xogas con el de SIGLO EN SIGLO .......
O terceiro set foi moi claro para Eladio e no último set Mario volveu ós Fénix i Eladio empezou a sufrir ; chegándose ó 8- 11 final .......con isto non desmerezco para NADA a Victoria do meu colega porque para xogar coas gomas "esas " hai que saber e sobre todo entrenar ....... ademáis ,
agora Eladio ataca de dereita e revés ; cousa por exemplo que o ano pasado non o facía e iso
queridos amigos non é so a goma é tamén o entreno , que nesta faceta da moi bo exemplo á
xente xoven .......
Lolo 1 - Vega 3 .- Lolo con demasiadas revolucións no seu " motor " cedía un primeiro set 14-16 cando ía gañando 10 -6 . Esa foi unha das claves porque se gañase ese set podería xogar con máis confianza pero lexos diso , seguíu con moito ímpetu fallando algunhas bolas claras e
Vega aínda que fallaba algún "REVESAZO DOS SEUS " parecía máis no seu sitio e xogoulle con moita cabeza i estratexia ... ....foi unha pena porque a súa partida era clave para o global ....
Dobles : Tito e Mario 1 - Eladio e Vicente 3 .- Nos dous primeiros sets Eladio e Vicente foron
superiores pero no último Tito e Mario forzaron a máquina e por pouco chegan ó 2-2 . Parece que é como cando probas un plato novo que che prepara a túa nai, noiva ou muller ó principio costa que che guste pero cando lle colles o tono xa non queda máis ; pois iso foi o que pasou , cando lle ían collendo o tranquillo ó xogo de Eladio e Vicente pois xa estaba o marcador apretadísimo e con marxe para poucos erros ......
Tito 0- Eladio 3 .- Víronse bos tantos cando empezaron a " planear " ( darlle plano á pelota JAjAjAjA... ) entrando con todo o arsenal ; eu casi me mareo nun par de tantos .....
Tito xogoulle ben a Eladio variándolle moito o saque pero Eladio sabía que non lle ía chegar con defenderse por iso cando tivo oportunidade entrou é como entrou !!!!!.......
A victoria foi ben loitada para Eladio pero o 3-0 non significa que arrasou ; este é un bo exemplo de que non hai dous 3-0 iguáis ............
En fin , Victoria merecida para VNCIOS que a pesar das baixas ( dende aquí esperemos que Mario - A.D. Vincios -nos traia boas noticias a semán que ven ) xogou a un gran nivel ......
E os nosos Mucha´s boys que volvan á racha ascendente de fai dous partidos ..........
Vos podedes tíos,....................
oes????? a que está guai o momento guantes de pana de Eladio ????? que cachada !!!!!!!!
e que me dicides da foto co 9-8 é 1-1 no marcador entre Tito e Vicente ????? que tensión señoras e señores......!!!!! tamén hai que captar eses momentos : mesa vacía, raquetas na mesa... marcador tensionado .... consellos por aquí e por alá .... a esencia e maravilla do tenis de mesa .... por certo , por que lle chamamos tempo morto?????, que ten connotacións negativas; poderíamos chamalo tempo conxelado , que é máis fresco ,ou tempo " dime ti que fago agora " ou consello time ( para os ingleses ) ou " arbi" un momemto que teño unha avería na cañería.......... ( jajajajaja ..... ) .
chao.........................uatAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAÁ!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario