domingo, 21 de octubre de 2007

Cinania O Cuarteirón 1 - R.C. Náutico de Vigo C 4









Os nosos non souperon demostrar o seu nivel . Mou precipitouse e obsesionouse con entrar a todo ante un Eusebio que leeu moi ben a partida e practicamente so tivo que
devolver as bolas para que Mou tirase case todas fóra . Na banda lle aconsellamos que
cambiase ese xogo kamikaze pero él ía ó seu e terminou a partida nun tempo récord chegando como muito a facer 4 puntos nun set . Se estivera Coya aquí tiña xa máis que un tirón de orellas enriba ......

David moi irregular perde 3-2 . Os sets que gaña son con autoridade pero no último set cambia o chip e so empeza a xogar con máis cabeza cando está en deuce ; e claro a partir de aquí e un cara ou cruz onde agora sí que non se precipita pero fai o contrario arrúgase cando hai que ter huevos e atacar , que é o que fixo o rapaz do Náutico ; vamos a estratexia ó revés .

Lisardo gaña ben a súa partida amosándose superior ó rapaz do Náutico .

No dobles a clave estivo no 3º set .Si se gañase , pois se foi a deuce,a partida estaría aberta e polo tanto o partido pero Lao non tivo o seu día e algunha bola clara alta non a meteu nos momentos claves .Creo que aínda así este partido lle servíu de muito porque creo que deuse de conta dunha xogada nova de estratexia e da recepción dun saque ó que non estaba acostumbrado a recepcionar e isto tamén foi clave no desenrolo do partido .

David Paz puido facer muito máis ante un gran Eusebio , que é o Lobo feroz deste equipo . No segundo set ía gañando ben pero unha vez máis as ansias e o non rascar a bola cando o plano non serve condenouno a mandar ostiazos contra a rede .E claro el soo perdeu o set e logo o partido .

Toca reflexionar esta semana chavales ; isto é o que non se debe facer . Esperemos que soo sexa un mal día e aprendamos todos para vindeiros encontros se non a derrota de hoxe non valerá para nada .Ánimo e a entrenar con máis gañas aínda ......
pero con cabeeeeeeeezaaaaaaaaa, cabeeeeeeezaaaaaaaaa,....

No hay comentarios: